venres, 19 de xuño de 2020
luns, 1 de xuño de 2020
Mulleres con Historia
A do deporte feminino é a historia dunha loita. Ó longo dos séculos, as mulleres tivemos que abrirnos paso en contra dos prexuízos e trabas que poñía unha sociedade que cría que non podíamos, ou non debíamos, facer deporte.
Aínda queda moito camiño por percorrer para que o deporte feminino se equipare ó masculino. Sen embargo, gracias á loita de moitas mulleres ó longo dos séculos, hoxe en día considerase normal, na maioría de países, que as mulleres participen en competicións.
Un gran exemplo é o de Katherine Switzer, que o 19 de abril de 1967, cambiou a historia, ó burlar a prohibición que impedía ás mulleres competir nunha maratón. Ademais fixoo na máis antiga do mundo (a maratón de Boston) e non só a correu, senón que a rematou en 4 horas e 20 minutos pese ó boicot dos organizadores. A propia Katherine declaraba anos despois na BBC: "Me tomó por los hombros (refírese a Jock Stemple, o codirector da carreira), me empujó y trató de quitarme el dorsal del pecho". Ese dorsal era o 261 e dende ese día converteuse no símbolo da igualdade.
Así, queremos darlle visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas a través destes artigos. Evidentemente necesitariamos unha lista moi longa e por iso non están todas as que son, pero si algunhas delas.
Día tras día millóns de mulleres no mundo practican deporte, xa sexa por saúde, por superación persoal, como un medio para encontrarse e verse mellor fisicamente, para loitar contra o estrés, para compartir un bo tempo con amigos e amigas, para competir, ou simplemente pola satisfacción de practicalo.
Isto último podémolo aplicar a calquera de vós, nenos e nenas. Desfrutade do exercicio e do deporte que vos guste, practicádeo sempre que poidades e gozade ó facelo.
luns, 25 de maio de 2020
Xogos con tubo de cartón
Desta volta, dende "El valor de la Educación Física" propóñennos estes xogos moi sinxelos para realizar con material de refugallo. En post anteriores xa hai algúns deles, e quizais xa os practicáchedes. De non ser o caso, aquí tedes cinco propostas para realizar con ese material que foi tan prezado fai unhas semanas,
¡os tubos de cartón do papel hixiénico!
E se tedes ganas, mirade as entradas anteriores no blog (clica aquí ou aquí), onde como vos dicía atoparedes máis xogos para realizar con material de refugallo.
A PASALO BEN!
Clica aquí ou na imaxe para acceder ó sitio web |
luns, 18 de maio de 2020
3 en raia
Moitos de vos xa
coñeceredes este xogo, outros e outras xa o practicamos ó longo do curso nas
sesións de Educación Física, unha variante con aros e conos seta de dúas cores, onde mediante
relevos tiñamos que conseguir facer 3 en raia antes que o equipo contrario,
colocando os conos dentro dos aros.
Como vedes, este xogo
ten moitas posibilidades, xa que se pode xogar simplemente cunha folla e un
lapis. Na folla fanse dúas liñas horizontais y e dúas verticais, formando unha
cuadrícula de nove espacios. Por quendas, cada xogador/a debe por unha “X” ou
un “O”, tentando facer unha liña vertical, horizontal ou diagonal.
O principio do xogo
sempre é o mesmo, facer a unha liña vertical, horizontal ou diagonal coas nosas
fichas. Deste xeito, tamén o podemos facer cortando unhas tiras de papel e
poñéndoas nunha superficie plana, como a mesa ou o chan e utilizar como fichas
tapas de botellas, rollos de papel hixiénico, botes do actimel, etc. Ou como diciamos
o comezo, se a familia se anima, xogando en equipos e facendo relevos. Hai infinidade
de posibilidades.
Aquí vos deixo unhas
imaxes para que coa vosa imaxinación fagades o voso propio 3 en raia.
Aproveitando que xa
fixemos o noso Comecocos de Educación Física con distintos retos, podemos utilizalo
tamén para este xogo. Por exemplo: só pode mover ficha a persoa que consiga
facer primeiro un dos retos que saia no Comecocos. Ou cada vez que alguén faga
3 en raia, a outra persoa terá que facer un dos retos do Comecocos.
O límite está na vosa
imaxinación! Espero que xoguedes e o disfrutedes!
luns, 11 de maio de 2020
Comecocos de papel para Educación Física
Aínda que hai un xogo que fixemos
moitas veces na clase chamado "Comecocos" e con moitas das súas
variantes, con pelota, sen pelota, metade de campo, campo enteiro,..., como
sabedes hai outro xogo con este nome, o “Comecocos de papel”. Propóñovos que
fagades o voso propio COMECOCOS relacionado coa Educación Física. Déixovos un
documento e un vídeo de como realizalo a continuación.
Unha
vez feito, decorádeo ao voso gusto e poñédelle posibles retos para realizar,
como por exemplo:
1:
Baila a túa canción favorita durante 30 segundos.
2:
Salta a pata coxa durante 30 segundos.
3.
Realiza 15 saltos cos pes xuntos.
4:
Da catro voltas á mesa do comedor.
5:
Realiza 8 agachamentos.
6:
Abre e cerra as pernas e os brazos 10 veces.
7:
Corre no sitio durante 30 segundos.
8: Realiza un xogo de mímica.
8: Realiza un xogo de mímica.
luns, 4 de maio de 2020
Xogos de Dados e Actividade Física
luns, 27 de abril de 2020
Yo me muevo en Casa
Como sabedes estánse a dar multitude de opcións para facer exercicio na casa, para movernos un pouco. Aínda que agora xa nos deixan saír a rúa un anaquiño ó día, seguimos a estar moito temo no fogar. Así que aquí vos deixo unha batería de opcións que nos acercan uns estudiantes da Didáctica dos Deportes do Grao de Educación Primaria da UMA. Se clicades en cada título levaravos a un vídeo explicativo do xogo.
Espero que os practiquedes e disfrutedes!
MOITO ÁNIMO! UN DÍA MENOS! TODO SAIRÁ BEN!
venres, 24 de abril de 2020
Móvete Connosco na Casa
Dado o período extraordinario no que
estamos vivindo e xa que moitos e moitas de nós tivemos que deixar de realizar
as actividades físicas que máis nos interesaban e nos gustaban, dende a
Consellería de Educación fannos chegar unha serie de actividades para movernos
na casa. Deste xeito, tentaremos rexeitar o sedentarismo propio que se pode dar nestas circunstancias.
Aquí vos deixo o enlace para que practiquedes
as actividades que nos propoñen e movernos un pouco nestes días nos que xa nos
custa un pouco máis facer algo de exercicio.
Moito ánimo e forza! Xa queda menos! Todo vai a saír ben!
xoves, 23 de abril de 2020
Hoxe Xogamos ás Chapas
AS CHAPAS
Trátase de un xogo popular de habilidade que consiste en percorrer un circuíto con unha chapa, tapa de botella de plástico, etc.
En primeiro lugar, debemos de deseñar un circuíto, xa sexa pintándoo no chan cun xiz, facéndoo en folios unidos, ou utilizando distinto material que poidamos ter na casa, o límite está na vosa imaxinación. O circuíto debe ser de dúas liñas paralelas, todo o longo que un queira, con curvas, rectas, pontes,… e marcando sempre a liña de saída e de chegada.
Cada xogador/a percorrerá coa súa chapa o circuíto deseñado. A forma de mover a chapa é golpeándoa coa uña do dedo corazón axudándose para ter máis precisión e forza no tiro co dedo polgar.
Deste xeito, cada xogador/a coloca a súa chapa na liña de saída e por quendas, cada un ten un golpeo para impulsar a súa chapa. Se o golpear a chapa queda dentro do circuíto, deixase onde está e tira o/a seguinte. No caso de que saíse do circuíto, retrocede á saída esperando de novo a quenda. Está permitido chocar coas chapas dos demais para facelas saír do circuíto e que o outro participante volva a liña de saída. A primeira persoa que chegue á meta será a gañadora.
luns, 20 de abril de 2020
Movémonos na Casa
Nos movemos - Móvemonos
Ricky Rubio e outros deportistas de élite nunha nova sección de "Aprendemos en casa" - "Nos Movemos" da canle CLAN de RTVE. A ver qué aprendemos e como nos movemos con estes deportistas de alto nivel. A disfrutar!
sábado, 11 de abril de 2020
A Florida Móvese na Casa
O CEIP PLURILINGÜE A FLORIDA
¡MÓVESE NA CASA!
¡GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!
MOITO ÁNIMO E FORZA
¡SEGUIDE ASÍ!
venres, 3 de abril de 2020
Ideas para afinar a punteria
BOLOS
DIANA CAJA
MINI CANASTAS
CONEJO TRAGABOLAS
DIANA PEZ
LABERINTO DE BOLAS
FÚTBOL CHAPAS
FUTBOLÍN
EJEMPLO DE FUTBOLÍN HECHO EN CASA
luns, 30 de marzo de 2020
As mestras e mestres mandámosvos moitos ánimos!
Botámosvos moito a faltar!
Feixes de apertas e bicos a moreas!
Juegos de Manos y Pies
Bo día!
Aquí vos deixo unha mostra dun xogo para todas as idades, moi sinxelo de elaborar na casa. Cuns papeis e un lápiz ou un rotulador calquera pode facelo. Podemos facelo as veces que nos apeteza e cambiar a orde das figuras cantas veces queiramos. Espero que o practiquedes e disfrutedes.
Un abrazo,
xoves, 26 de marzo de 2020
luns, 23 de marzo de 2020
venres, 20 de marzo de 2020
Estiramentos
¿Que é o estiramento?
O estiramento consiste en alongar
unha estrutura xeralmente muscular ou tendinosa.
No neno/a isto é especialmente importante
porque durante o crecemento prodúcense situacións nas que o oso crece rápido e a
musculatura debe adaptarse a unha nova lonxitude provocando, en ocasións, situacións
de acurtamento de grupos musculares.
¿Como debemos realizar os estiramentos?
Hai dous tipos de estiramentos,
estáticos e dinámicos. No neno/a recoméndase
o estiramento estático de tres grandes grupos musculares, o cuádriceps na cara
anterior do muslo, os isquiotibiais na cara posterior do muslo e o tríceps co
seu tendón de aquiles na cara posterior da perna.
É convinte realizalos co neno/a
estirado na cama ou no sofá e nun ambiente relaxado.
Debemos notar tirantez das estruturas
que estamos estirando, pero a intensidade debe estar por debaixo da aparición
da dor.
Os exercicios de estiramento
deben realizarse pola tarde-noite, durante uns dez ou quince minutos.
Cada movemento pode repetirse
varias veces alternando as extremidades e as posicións de estiramento poden
manterse entre uns 10 segundos as primeiras veces e despois alongar o tempo sen superar os 30 segundos. Non se deben realizar rebotes.
Déixovos unha táboa de estiramentos para que movilicedes un pouco as vosas articulacións
Actividades para xogar na casa
Bo día!
Aquí vos deixo unha ligazón con distintas actividades para xogar cos nen@s na casa.
Espero que vos sirvan e as poidades disfrutar.
Actividades para jugar en casa
Se navegades polo sitio web encontraredes moitas cousas útiles e divertidas. Así mesmo, atopamos un enlace para eses momentos que consideredes oportunos e xogar a distintos xogos online, están clasificados por categorías.
Juegos
Aquí vos deixo unha ligazón con distintas actividades para xogar cos nen@s na casa.
Espero que vos sirvan e as poidades disfrutar.
Actividades para jugar en casa
Se navegades polo sitio web encontraredes moitas cousas útiles e divertidas. Así mesmo, atopamos un enlace para eses momentos que consideredes oportunos e xogar a distintos xogos online, están clasificados por categorías.
Juegos
Saúdos
martes, 17 de marzo de 2020
Recursos Interactivos ABALAR
Nesta páxina poderedes repasar os contidos das diferentes materias de maneira lúdica.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/recursos?id=2&n=15
Actividades Interactivas
LUDUS
Actividades interactivas de Educación Física
Que as disfrutedes!!!
1º e 2º de Educación Primaria
http://ares.cnice.mec.es/edufisica/a/index.html
3º e 4º de Educación Primaria
5º e 6º de Educación Primaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)