“LA EDUCACIÓN ES MUCHO MÁS QUE EDUCACIÓN FÍSICA, PERO MUY POCO SIN ELLA” (Hammeleck, 1976)

luns, 1 de xuño de 2020

Mulleres con Historia

A do deporte feminino é a historia dunha loita. Ó longo dos séculos, as mulleres tivemos que abrirnos paso en contra dos prexuízos e trabas que poñía unha sociedade que cría que non podíamos, ou non debíamos, facer deporte.

Aínda queda moito camiño por percorrer para que o deporte feminino se equipare ó masculino. Sen embargo, gracias á loita de moitas mulleres ó longo dos séculos, hoxe en día considerase normal, na maioría de países, que as mulleres participen en competicións. 

Un gran exemplo é o de Katherine Switzer, que o 19 de abril de 1967, cambiou a historia, ó burlar a prohibición que impedía ás mulleres competir nunha maratón. Ademais fixoo na máis antiga do mundo (a maratón de Boston) e non só a correu, senón que a rematou en 4 horas e 20 minutos pese ó boicot dos organizadores. A propia Katherine declaraba anos despois na BBC: "Me tomó por los hombros (refírese a Jock Stemple, o codirector da carreira), me empujó y trató de quitarme el dorsal del pecho". Ese dorsal era o 261 e dende ese día converteuse no símbolo da igualdade.

Así, queremos darlle visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas a través destes artigos. Evidentemente necesitariamos unha lista moi longa e por iso non están todas as que son, pero si algunhas delas.

Día tras día millóns de mulleres no mundo practican deporte, xa sexa por saúde, por superación persoal, como un medio para encontrarse e verse mellor fisicamente, para loitar contra o estrés, para compartir un bo tempo con amigos e amigas, para competir, ou simplemente pola satisfacción de practicalo.

Isto último podémolo aplicar a calquera de vós, nenos e nenas. Desfrutade do exercicio e do deporte que vos guste, practicádeo sempre que poidades e gozade ó facelo.