XOGOS POPULARES
XOGOS DO MAGOSTO
Xogos do Magosto (Clica aquí)
BUXAINA
Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa a súa centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
CANTIGA E XOGO COAS MANS
Os xogos populares, como outros elementos culturais,
conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha
dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e
cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo
presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
No seguinte
enlace atoparemos algúns xogos populares e tradicionais.
XOGOS DO MAGOSTO
A palabra magosto, ademais doutros significados directamente
relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda
Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.
No
enlace seguinte atoparemos algúns xogos populares que se poden adaptar para
xogar no Magosto.
Xogos do Magosto (Clica aquí)
BUXAINA
Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa a súa centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta é maior que o centro de gravidade provocando finalmente a caída.
CANTIGA E XOGO COAS MANS
"Fun ao mercado comprar café
veu a formiguiña e picoume no pé,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
veu a formiguiña e picoume no pé,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar champú
veu a formiguiña e picoume no cu,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar azafrán
veu a formiguiña e picoume no man,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar lentellas
veu a formiguiña e picoume nas orellas,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar regaliz
veu a formiguiña e picoume no nariz,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!"
PIN, PIN, ZARAMACA, PIN
PIN, PIN, ZARAMACA, PIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario