“LA EDUCACIÓN ES MUCHO MÁS QUE EDUCACIÓN FÍSICA, PERO MUY POCO SIN ELLA” (Hammeleck, 1976)

luns, 25 de maio de 2020

Xogos con tubo de cartón


Desta volta, dende "El valor de la Educación Física" propóñennos estes xogos moi sinxelos para realizar con material de refugallo. En post anteriores xa hai algúns deles, e quizais xa os practicáchedes. De non ser o caso, aquí tedes cinco propostas para realizar con ese material que foi tan prezado fai unhas semanas, 
¡os tubos de cartón do papel hixiénico! 
E se tedes ganas, mirade as entradas anteriores no blog (clica aquí ou aquí), onde como vos dicía atoparedes máis xogos para realizar con material de refugallo. 

A PASALO BEN!

  Clica  aquí ou na imaxe para acceder ó sitio web



luns, 18 de maio de 2020

3 en raia


Moitos de vos xa coñeceredes este xogo, outros e outras xa o practicamos ó longo do curso nas sesións de Educación Física, unha variante con  aros e conos seta de dúas cores, onde mediante relevos tiñamos que conseguir facer 3 en raia antes que o equipo contrario, colocando os conos dentro dos aros.

Como vedes, este xogo ten moitas posibilidades, xa que se pode xogar simplemente cunha folla e un lapis. Na folla fanse dúas liñas horizontais y e dúas verticais, formando unha cuadrícula de nove espacios. Por quendas, cada xogador/a debe por unha “X” ou un “O”, tentando facer unha liña vertical, horizontal ou diagonal.

O principio do xogo sempre é o mesmo, facer a unha liña vertical, horizontal ou diagonal coas nosas fichas. Deste xeito, tamén o podemos facer cortando unhas tiras de papel e poñéndoas nunha superficie plana, como a mesa ou o chan e utilizar como fichas tapas de botellas, rollos de papel hixiénico, botes do actimel, etc. Ou como diciamos o comezo, se a familia se anima, xogando en equipos e facendo relevos. Hai infinidade de posibilidades.

Aquí vos deixo unhas imaxes para que coa vosa imaxinación fagades o voso propio 3 en raia.

Aproveitando que xa fixemos o noso Comecocos de Educación Física con distintos retos, podemos utilizalo tamén para este xogo. Por exemplo: só pode mover ficha a persoa que consiga facer primeiro un dos retos que saia no Comecocos. Ou cada vez que alguén faga 3 en raia, a outra persoa terá que facer un dos retos do Comecocos.

O límite está na vosa imaxinación! Espero que xoguedes e o disfrutedes!






luns, 11 de maio de 2020

Comecocos de papel para Educación Física

Aínda que hai un xogo que fixemos moitas veces na clase chamado "Comecocos" e con moitas das súas variantes, con pelota, sen pelota, metade de campo, campo enteiro,..., como sabedes hai outro xogo con este nome, o “Comecocos de papel”. Propóñovos que fagades o voso propio COMECOCOS relacionado coa Educación Física. Déixovos un documento e un vídeo de como realizalo a continuación.

Unha vez feito, decorádeo ao voso gusto e poñédelle posibles retos para realizar, como por exemplo:

1: Baila a túa canción favorita durante 30 segundos.
2: Salta a pata coxa durante 30 segundos.
3. Realiza 15 saltos cos pes xuntos.
4: Da catro voltas á mesa do comedor.
5: Realiza 8 agachamentos.
6: Abre e cerra as pernas e os brazos 10 veces.
7: Corre no sitio durante 30 segundos.
8: Realiza un xogo de mímica.








luns, 4 de maio de 2020

Xogos de Dados e Actividade Física


Dende "El valor de la Educación Física" propóñennos estes xogos moi sinxelos de levar a cabo no que prácticamente non nos fai falla material, iso si, necesitaremos dous dados! ANIMÁDESVOS?

         Clica na imaxe para acceder ó sitio web