CURSO 2019/2020
O CEIP PLURILINGÜE A FLORIDA
¡MÓVESE NA CASA!
¡GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!
TROMPOS E BUXAS
CAMPO A TRAVÉS
¡MÓVESE NA CASA!
¡GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!
MOITO ÁNIMO E FORZA
¡SEGUIDE ASÍ!
DEPORTE NA ESCOLA
DEPORTE NA ESCOLA
Como sabedes, este curso escolar, o CEIP Plurilingüe A Florida participou nas xornadas de "Deporte na Escola" incluídas no Plan Proxecta XOGADE. Estas actividades deportivas leváronse a cabo tanto no noso centro como nos centros cos que participamos.
Aquí vos deixo unha pequena mostra das mesmas, onde nos divertimos, aprendemos moito, fomos compañeiros e compañeiras, coñenemos a moita xente e sobre todo disfrutamos e xogamos limpo.
Un especial agradecemento a todos os centros participantes polo seu caluroso recibimento e gran acollida e sobre todo ós nenos e nenas que se animaron a participar.
Gracias de corazón!
TROMPOS E BUXAS
Este venres 29 de novembro participamos no XXVI Concurso de Intercentros de Trompos e Buxas celebrado no CEIP Noalla-Telleiro. Pasamos unha mañá xenial en compañía de alumnos e alumnas de outros centros do Concello de Sanxenxo, cun gran recibimento e mellor trato tanto por parte do profesorado como do alumnado do colexio anfitrión. Gracias!
Noraboa pola vosa implicación e participación!
Un feixe de apertas!
Este mércores 13 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participamos na xornada de deporte na escola Campo a través en Portas. Todos e todas disfrutamos e algún e algunha levou consigo unha bonita medalla e/ou diploma de recordo.
Os demáis quedamos con unha gran experiencia e un día espectacular de exercicio e deporte limpo.
Felicitacións a tod@s!
CURSO 2017/2018
CAMPIONATO DE TROMPOS
Este xoves 30 de novembro xuntáronse as escolas do Concello de Sanxenxo e coa participación dunha representación de alumnas e alumnos participaron na nos encontros de trompos. Unha vez máis con diferentes modalidades e premios que proporcionou a Concellería de Cultura e Educación de Sanxenxo, representada por Dona Paz Lago Martínez, á cal lle temos que agradecer o seu apoio e traballo en prol das nosas costumes e tradicións.
Grazas a todas e todos e ata o vindeiro campionato.
Bicos a moreas!
Un feixe de apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario