“LA EDUCACIÓN ES MUCHO MÁS QUE EDUCACIÓN FÍSICA, PERO MUY POCO SIN ELLA” (Hammeleck, 1976)

luns, 30 de marzo de 2020

As mestras e mestres mandámosvos moitos ánimos!


Botámosvos moito a faltar!
Feixes de apertas e bicos a moreas!

Juegos de Manos y Pies

Bo día!

Aquí vos deixo unha mostra dun xogo para todas as idades, moi sinxelo de elaborar na casa. Cuns papeis e un lápiz ou un rotulador calquera pode facelo. Podemos facelo as veces que nos apeteza e cambiar a orde das figuras cantas veces queiramos. Espero que o practiquedes e disfrutedes.

Un abrazo,




venres, 20 de marzo de 2020

Estiramentos

¿Que é o estiramento?

O estiramento consiste en alongar unha estrutura xeralmente muscular ou tendinosa.
No neno/a isto é especialmente importante porque durante o crecemento prodúcense situacións nas que o oso crece rápido e a musculatura debe adaptarse a unha nova lonxitude provocando, en ocasións, situacións de acurtamento de grupos musculares.
  
¿Como debemos realizar os estiramentos? 

Hai dous tipos de estiramentos, estáticos e dinámicos. No  neno/a recoméndase o estiramento estático de tres grandes grupos musculares, o cuádriceps na cara anterior do muslo, os isquiotibiais na cara posterior do muslo e o tríceps co seu tendón de aquiles na cara posterior da perna.
É convinte realizalos co neno/a estirado na cama ou no sofá e nun ambiente relaxado.
Debemos notar tirantez das estruturas que estamos estirando, pero a intensidade debe estar por debaixo da aparición da dor.
Os exercicios de estiramento deben realizarse pola tarde-noite, durante uns dez ou quince minutos.
Cada movemento pode repetirse varias veces alternando as extremidades e as posicións de estiramento poden manterse entre uns 10 segundos as primeiras veces e despois alongar o tempo sen superar os 30 segundos. Non se deben realizar rebotes.

Déixovos unha táboa de estiramentos para que movilicedes un pouco as vosas articulacións

Actividades para xogar na casa

Bo día!

Aquí vos deixo unha ligazón con distintas actividades para xogar cos nen@s na casa.
Espero que vos sirvan e as poidades disfrutar.

Actividades para jugar en casa

Se navegades polo sitio web encontraredes moitas cousas útiles e divertidas. Así mesmo, atopamos un enlace para eses momentos que consideredes oportunos e xogar a distintos xogos online, están clasificados por categorías.

Juegos

Saúdos