Como sabedes estánse a dar multitude de opcións para facer exercicio na casa, para movernos un pouco. Aínda que agora xa nos deixan saír a rúa un anaquiño ó día, seguimos a estar moito temo no fogar. Así que aquí vos deixo unha batería de opcións que nos acercan uns estudiantes da Didáctica dos Deportes do Grao de Educación Primaria da UMA. Se clicades en cada título levaravos a un vídeo explicativo do xogo.
Dado o período extraordinario no que
estamos vivindo e xa que moitos e moitas de nós tivemos que deixar de realizar
as actividades físicas que máis nos interesaban e nos gustaban, dende a
Consellería de Educación fannos chegar unha serie de actividades para movernos
na casa. Deste xeito, tentaremos rexeitar o sedentarismo propio que se pode dar nestas circunstancias.
Aquí vos deixo o enlace para que practiquedes
as actividades que nos propoñen e movernos un pouco nestes días nos que xa nos
custa un pouco máis facer algo de exercicio.
Trátase de un xogo popular de habilidade
que consiste en percorrer un circuíto con unha chapa, tapa de botella de plástico,
etc.
En primeiro
lugar, debemos de deseñar un circuíto, xa sexa pintándoo no chan cun xiz, facéndoo
en folios unidos, ou utilizando distinto material que poidamos ter na casa, o
límite está na vosa imaxinación.O circuíto
debe ser de dúas liñas paralelas, todo o longo que un queira, con curvas, rectas,
pontes,… e marcando sempre a liña de saída e de chegada.
Cada xogador/a
percorrerá coa súa chapa o circuíto deseñado. A forma de mover a chapa é
golpeándoa coa uña do dedo corazón axudándose para ter máis precisión e forza no
tiro co dedo polgar.
Deste xeito, cada
xogador/a coloca a súa chapa na liña de saída e por quendas, cada un ten un
golpeo para impulsar a súa chapa. Se o golpear a chapa queda dentro do circuíto,
deixase onde está e tira o/a seguinte. No caso de que saíse do circuíto, retrocede
á saída esperando de novo a quenda. Está
permitido chocar coas chapas dos demais para facelas saír do circuíto e que o
outro participante volva a liña de saída. A primeira persoa que chegue á meta
será a gañadora.
Ricky Rubio e outros deportistas de élite nunha nova sección de "Aprendemos en casa" - "Nos Movemos" da canle CLAN de RTVE. A ver qué aprendemos e como nos movemos con estes deportistas de alto nivel. A disfrutar!