AS CHAPAS
Trátase de un xogo popular de habilidade que consiste en percorrer un circuíto con unha chapa, tapa de botella de plástico, etc.
En primeiro lugar, debemos de deseñar un circuíto, xa sexa pintándoo no chan cun xiz, facéndoo en folios unidos, ou utilizando distinto material que poidamos ter na casa, o límite está na vosa imaxinación. O circuíto debe ser de dúas liñas paralelas, todo o longo que un queira, con curvas, rectas, pontes,… e marcando sempre a liña de saída e de chegada.
Cada xogador/a percorrerá coa súa chapa o circuíto deseñado. A forma de mover a chapa é golpeándoa coa uña do dedo corazón axudándose para ter máis precisión e forza no tiro co dedo polgar.
Deste xeito, cada xogador/a coloca a súa chapa na liña de saída e por quendas, cada un ten un golpeo para impulsar a súa chapa. Se o golpear a chapa queda dentro do circuíto, deixase onde está e tira o/a seguinte. No caso de que saíse do circuíto, retrocede á saída esperando de novo a quenda. Está permitido chocar coas chapas dos demais para facelas saír do circuíto e que o outro participante volva a liña de saída. A primeira persoa que chegue á meta será a gañadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario