Dado o período extraordinario no que
estamos vivindo e xa que moitos e moitas de nós tivemos que deixar de realizar
as actividades físicas que máis nos interesaban e nos gustaban, dende a
Consellería de Educación fannos chegar unha serie de actividades para movernos
na casa. Deste xeito, tentaremos rexeitar o sedentarismo propio que se pode dar nestas circunstancias.
Aquí vos deixo o enlace para que practiquedes
as actividades que nos propoñen e movernos un pouco nestes días nos que xa nos
custa un pouco máis facer algo de exercicio.
Moito ánimo e forza! Xa queda menos! Todo vai a saír ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario