Bádminton
A orixe do Bádminton atópase na India (Asia), a
partir dun xogo chamado “Poona”. Chegou a Inglaterra por medio do exército
británico arredor de 1870 e os primeiros campionatos leváronse a cabo en 1897.
En España comezouse a xogar nos anos 60, en A Coruña e Vigo. Desde 1992 o
Bádminton é un deporte Olímpico.
É un deporte de adversario que se xoga con unha
raqueta e un volante (ou pluma), no que se enfrontan dous xogadores/as (individual)
ou dúas parellas (dobres), situados nas metades opostas dunha pista rectangular
dividida por unha rede. Os xogadores/as deben golpear coa raqueta o volante,
para que pase por encima da rede e caia no campo contrario. O campo mide 13,40x5,18
metros en encontros individuais e 13,40 x 6,10 metros en encontros de dobres. O
partido consta de 3 sets de 21 puntos cada un, onde hai que vencer en dous para
gañar.
Balonmán
O balonmán naceu en Europa a finais do século XIX. Nos seus inicios, xogábase ó aire libre, en campos de grandes dimensións e en equipos de once xogadores/as. Estas regras estandarizáronse en 1926, pero co paso dos anos comezouse a practicar en pista cuberta, o que fixo que o número de xogadores/as se reducira a sete.
O Mini-Balonmán é un deporte colectivo de
colaboración-oposición no que cada equipo está formado por 5 xogadores/as, incluído
o/a porteiro/a. Xógase nunha pista de 20 metros de longo por 13 de ancho,
delimitada por liñas para diferenciar os espacios, e onde o obxectivo é introducir
o balón na portería contraria por medio de lanzamentos coa man. A pelota pósese
botar, pasar e lanzar coas mans. O partido divídese en 2 partes, que á súa vez
se subdividen en 2 períodos de 10 minutos de xogo, con 2 minutos de descanso
entre eles e 6 minutos entre parte e
parte.
Atletismo
O atletismo é considerado o deporte organizado máis antigo do
mundo. Abarca numerosas disciplinas agrupadas en carreiras (de velocidade, media distancia, fondo, con vallas,
campo a través, relevos…), saltos (de lonxitude,
altura, triple salto, salto con pértega), lanzamentos (peso, xavelina, martelo…) e probas combinadas.
A palabra atletismo proven da palabra grega
"atletes", que se define como «aquela persoa que compite nunha
proba determinada por un premio», dita palabra grega está relacionada con
vocablo alethos que é sinónimo da palabra «esforzo». O atletismo é a
arte de superar o rendemento dos adversarios en velocidade ou en resistencia
chamado tamén fondo, en distancia ou en maior altura. O número de probas, e os
tipos, variaron con paso do tempo, polo que esta
disciplina foi evolucionando ó longo dos séculos, dende as primeiras probas ata
a súa regulamentación actual.
O atletismo é un dos deportes máis practicados a
nivel mundial, xa sexa entre afeccionados ou en competicións de todos os niveis.
A simplicidade e os poucos medios necesarios para a súa práctica explican este
éxito.
PARA SABER MÁIS (CLICA AQUÍ)
PARA SABER MÁIS + ACTIVIDADES (CLICA AQUÍ)
EducaLIM CARREIRAS NO ATLETISMO (CLICA AQUÍ)
EducaLIM LANZAMENTOS EN ATLETISMO (CLICA AQUÍ)
O OSO BERNI: Deportes
Ningún comentario:
Publicar un comentario