“LA EDUCACIÓN ES MUCHO MÁS QUE EDUCACIÓN FÍSICA, PERO MUY POCO SIN ELLA” (Hammeleck, 1976)

5º e 6º de E.P.

Ola familias! Ola rapaces e rapazas!

Como sabedes, dende que comezou este período tan extraordinario, fomos publicando neste Blog de Educación Física “A Florida Móvese”, diversos xogos, actividades interactivas, documentos e vídeos relacionados coa área para que nos mantivésemos activos e activas, favorecendo a práctica de exercicio físico na casa e a consolidación dos contidos vistos en Educación Física durante o primeiro e segundo trimestre. Unha proba delo é o vídeo “A Florida Móvese na Casa”, no que houbo unha gran participación e implicación, e por elo, estouvos enormemente agradecida. Deste xeito, seguiremos publicando cousas cada semana na pestana de INICIO.

Así, para poder continuar coa nosa formación na área de Educación Física neste 3º trimestre, propóñovos una serie de actividades semanais, nas que espero que teñades o mesmo, ou incluso maior, nivel de implicación e participación. Desta maneira axudaremos a manter e mellorar o noso benestar e calidade de vida a través do exercicio físico.

Das actividades semanais, que se publicarán os MARTES, haberá algunhas para remitir por correo electrónico (as que poñan ENVIAR), e as demais son propostas de traballo para seguir mantendonos activos e activas, pero das que tamén podedes enviar videos, fotos, debuxos,...todo o que queirades, e se tedes algunha pregunta ou dúbida, estarei sempre a vosa disposición.

Non vos esquenzades de poñer no asunto do email o voso nome e curso!

Moitas gracias a todos e todas de antemán. Ánimo e moita forza!

María Teresa Romero


Semana do 15 ó 19 de xuño




Semana do 9 ó 15 de xuño




Semana do 2 ó 8 de xuño




Semana do 26 de maio ó 1 de xuño



Semana do 19 ó 25 de maio



Semana do 12 ó 18 de maio






Ningún comentario:

Publicar un comentario