“LA EDUCACIÓN ES MUCHO MÁS QUE EDUCACIÓN FÍSICA, PERO MUY POCO SIN ELLA” (Hammeleck, 1976)

venres, 20 de marzo de 2020

Estiramentos

¿Que é o estiramento?

O estiramento consiste en alongar unha estrutura xeralmente muscular ou tendinosa.
No neno/a isto é especialmente importante porque durante o crecemento prodúcense situacións nas que o oso crece rápido e a musculatura debe adaptarse a unha nova lonxitude provocando, en ocasións, situacións de acurtamento de grupos musculares.
  
¿Como debemos realizar os estiramentos? 

Hai dous tipos de estiramentos, estáticos e dinámicos. No  neno/a recoméndase o estiramento estático de tres grandes grupos musculares, o cuádriceps na cara anterior do muslo, os isquiotibiais na cara posterior do muslo e o tríceps co seu tendón de aquiles na cara posterior da perna.
É convinte realizalos co neno/a estirado na cama ou no sofá e nun ambiente relaxado.
Debemos notar tirantez das estruturas que estamos estirando, pero a intensidade debe estar por debaixo da aparición da dor.
Os exercicios de estiramento deben realizarse pola tarde-noite, durante uns dez ou quince minutos.
Cada movemento pode repetirse varias veces alternando as extremidades e as posicións de estiramento poden manterse entre uns 10 segundos as primeiras veces e despois alongar o tempo sen superar os 30 segundos. Non se deben realizar rebotes.

Déixovos unha táboa de estiramentos para que movilicedes un pouco as vosas articulacións

Ningún comentario:

Publicar un comentario