Moitos de vos xa
coñeceredes este xogo, outros e outras xa o practicamos ó longo do curso nas
sesións de Educación Física, unha variante con aros e conos seta de dúas cores, onde mediante
relevos tiñamos que conseguir facer 3 en raia antes que o equipo contrario,
colocando os conos dentro dos aros.
Como vedes, este xogo
ten moitas posibilidades, xa que se pode xogar simplemente cunha folla e un
lapis. Na folla fanse dúas liñas horizontais y e dúas verticais, formando unha
cuadrícula de nove espacios. Por quendas, cada xogador/a debe por unha “X” ou
un “O”, tentando facer unha liña vertical, horizontal ou diagonal.
O principio do xogo
sempre é o mesmo, facer a unha liña vertical, horizontal ou diagonal coas nosas
fichas. Deste xeito, tamén o podemos facer cortando unhas tiras de papel e
poñéndoas nunha superficie plana, como a mesa ou o chan e utilizar como fichas
tapas de botellas, rollos de papel hixiénico, botes do actimel, etc. Ou como diciamos
o comezo, se a familia se anima, xogando en equipos e facendo relevos. Hai infinidade
de posibilidades.
Aquí vos deixo unhas
imaxes para que coa vosa imaxinación fagades o voso propio 3 en raia.
Aproveitando que xa
fixemos o noso Comecocos de Educación Física con distintos retos, podemos utilizalo
tamén para este xogo. Por exemplo: só pode mover ficha a persoa que consiga
facer primeiro un dos retos que saia no Comecocos. Ou cada vez que alguén faga
3 en raia, a outra persoa terá que facer un dos retos do Comecocos.
O límite está na vosa
imaxinación! Espero que xoguedes e o disfrutedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario