“LA EDUCACIÓN ES MUCHO MÁS QUE EDUCACIÓN FÍSICA, PERO MUY POCO SIN ELLA” (Hammeleck, 1976)

xoves, 27 de xuño de 2024

Excursión Manzaneda 6º (23-05-2024)

Coñecemos o helicóptero de Salvamento Marítimo

OS MAIOS (30-04-2024)

Despois de pasar unha mañá elaborando os nosos Maios, rematamos cantando as nosas coplas e facendo o baile ao seu arredor.

ACTIVIDADE DE SEGURIDADE VIAL DA MAN DA FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS EN PORTAS (01-02-2024)

Xogade multideporte no Ceip Magariños (Cambados)

XOGADE NO COLEXIO ABRENTE

O alumnado de 4º desprazouse a outro dos centros do noso concello, o Colexio Abrente. Alí xa tiñamos algúns amigos e coñecidos pero saímos con moitos máis. Grazas por esta xornada!!

MULTIDEPORTE CO CEIP AS BIZOCAS (23-04-2024)

Desta volta tocounos ir de visitantes ao Ceip As Bizocas. O alumnado de 4º gozou dun día moi fermoso, nun entorno xenial e cuns compañeiros e compañeiras que nos fixeron sentir como na casa.

XOGADE MULTIDEPORTE CO CEIP NANTES (19-03-2024)

Promoción do balonmán co Club Balonmán Sanxenxo

O Club de Balonmán Sanxenxo enviounos a varios dos seus adestradores para darlle a coñecer o seu deporte ao alumnado de 3º e 4º de EP. Puidemos constatar que temos moito potencial e talento.

XOGADE co CEIP AS COVAS (27-02-24)

Na segunda xornada dos Encontros Intercentros do Xogade visitáronnos o alumnado do Ceip de Meaño- As Covas.

XORNADAS MULTIDEPORTE INTERCENTROS XOGADE

O 23-01-24 visitáronnos os nosos veciños de concello do Ceip Plurilingüe O Cruceiro na primeira xornada de Intercentros. Fixemos unha chea de amigos e pasámolo xenial.

CROS ESCOLAR (MONTALVO 15-11-2023)

Outro ano máis, o noso alumnado participou no Cros escolar que se celebra no merendeiro da praia de Montalvo. Pasámolo moi ben e, aínda por riba trouxemos unha chea de bos resultados.

XOGOS POPULARES SAMAGOSTÍN (SAMAÍN+MAGOSTO) 03-11-2023

Neste curso decidimos xuntar as dúas celebracións e, a verdade, foi todo un éxito. Disfrazámonos, fixemos unha chea de xogos populares e tradicionais e, para rematar, comemos as castañas asadas!!!

ACTIVIDADE DE VELA RCN SANXENXO (05-10-2023)

Dende o RCN Sanxenxo ofrecéusenos a posibilidade de participar nunha actividade de Iniciación á vela. Esta actividade distribuíuse ao longo de dúas sesións. Na primeira, coñecemos as partes da embarcación, fixemos algúns nós básicos e tamén tomamos contacto cun optimist. Xa na segunda, o alumnado de 3º EP fixo o seu bautizo de mar nun día fantástico e no que o pasamos xenial.